A esmorga, ou como non entendin a metade do que lin
Para ser moi honesto nunca pensei que leeria o libro chamado "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor pero fara xa duas semanas tiveno que leer para a materia de lingua galega no meu instituto.
Non podo dicir que non me gustara, de feito encantoume e pareceume unha historia moi ben construida e cuns bos persoaxes, ben descritos e ben definidos; pero costoume moitisimo leer o libro, xa sea porque o galego co que estaba escrito era un galego moi antiguo ou porque a narracion era un pouco rara, pero o feito é que costoume moitisimo leelo.
O argumento ven a ser este:
A novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos o sucedido (a súa versión do sucedido). A novela está dividida en cinco capítulos precedidos dun pequeno texto de introdución. A introdución está escrita polo autor do texto principal, que retoma a súa voz tamén nos dous últimos, mentres que a maior parte dos capítulos están postos directamente na voz de Cibrán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario